A Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras organiza unhas xornadas teatrais que se desenvolverán no pavillón de San Román. As representacións terán lugar ás sete da tarde do sábado 30 de novembro da man do grupo A Adala (Fazouro) coa obra “Senseu amor”, de Francisco Piñeiro, o mesmo autor da obra “Abordelar” que o grupo O Bordelo de Cervo achegará o domingo 1 de decembro baixo a organización da asociación de montes de San Román. A seguinte fin de semana rematarán as xornadas coa representación de “Ruídos na casa” dirixida por Luís Miguel Yañez por parte do grupo Raiolas (Alfoz) o venres 6. O sábado 7 será a quenda do grupo O Batán (Cangas de Foz) que se porá na pel dos personaxes de “Cambadelas”, de Francisco Piñeiro, baixo a dirección de Mari Paz Rodríguez. Finalmente, o domingo 8 o grupo Ardora (San Cibrao) porá enrriba do escenario, a obra da mesma autoría e dirección que a anterior, “Xustiza de lei”.
Xornas teatrais As Espalladoras
Xornas teatrais As Espalladoras
Relacionado
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación