33 alumnos do IES Monte Castelo de Burela visitaron este mércores o Pazo de San Marcos para coñecer a Deputación. O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano recibiunos á súa chegada ó Salón de Plenos do organismo provincial. Os rapaces coñeceron da man do Deputado a organización institucional, aspecto que xa trataran na clase e que motivou a súa visita a Lugo. Os alumnos realizaron tamén un percorrido guiado polo edificio e recibiron un recordo da súa estancia na Deputación. Foron agasallados con material do programa Lug02 que pon en valor os produtos autóctonos e o medio natural lucense.
