Os usuarios e monitores dos diferentes dispositivos da Asociación “A Mariña” (Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, Piso Protexido e Unidade Residencial) celebraremos a chegada destas datas tan especiais con dúas actividades ao longo desta semana. Comezaremos cunha xornada moi festiva o próximo xoves día 19 que culminará cunha gran comida de todos os usuarios no Hotel Nordés, e participaremos o próximo domingo día 22 no Mercadillo de Nadal que se organiza en Burela, dende as 12 e ata as 20 horas dese día.
No mercadillo exhibiremos parte dos traballos realizados polos nosos usuarios nos diferentes talleres nos que participan. Entre outros productos, poderán verse e mercarse os nosos “xabóns solidarios”, realizados no Taller de Xabóns que subvenciona a Fundación Mapfre, así como unha gran diversidade de artículos realizados no Taller de Foami, actividade subvencionada polo Excmo. Concello de Burela. Os nosos usuarios serán os encargados de atender o posto no Mercado, o que é moi importante e significativo para eles. Esta participación redundará nunha mellora significativa da súa autoestima, xa que venderán aqueles productos feitos con tanto mimo e tesón, e por suposto contribuirá á normalización e visibilización da realidade da enfermidade mental, ainda moi estigmatizada.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



