A Asociación Cultural Arrincadeira, coa colaboración do Concello de Riotorto e a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, organiza as IV Xornadas da Historia de Riotorto. Nesta ocasión, baixo a temática de “Riotorto na literatura” as xornadas celebraranse na Casa da Cultura o sábado 21 e o domingo 22 a partir das sete da tarde.
Antolín Mediante Ferraría, Manuel María García Castro, Avelino Díaz Díaz ou Álvaro Cunqueiro Mora foron literatos cun sentimento común: levar a Riotorto no corazón, e así o inmortalizaron nos seus poemas e relatos. Nestas xornadas poderase descubrir quen foron, a súa obra e cal foi a relación co noso pobo.
A Xornada do sábado dedicarase á figura de Antolín Santos Mediante Ferraría. (Taramundi, 1880 – Piantón 1944), no centenario da publicación de “A Veiga de Ribadeo”, primeiro expoñente do Rexurdimento literario galego na comarca EoNavia.
Antolín foi mestre na escola de Riotorto en 1917 e casou con Genoveva Lago da “Casa do relojero” do Mazo de Riotorto. A poesía de Antolín Mediante é festiva e de carácter popular. A súa transcendencia radica en que seguramente é el o primeiro que canta en galego a súa vila asturiana e os seus poemas espállanse por as dúas bandas do Eo. Esto é un acicate para outros poetas que queren cuidar ese xeito de falar galego da comarca Eonaviega, como o veiguense Federico Magadán Vidal, ou o castropolonse Ramón García González, (Farruco) e tantos outros.
Na xornada do sábado tamén se contará coa presenza de Xoán Babarro, mestre, escritor e membro da Real Academia Galega. Xoán é o principal estudoso e difusor da obra de Antolín Mediante.
O domingo 22 centrarase na poesía publicada na influínte revista Agrarista El Agricultor. O relatorio correrá a cargo do noso veciño do Mazo de Ferreiravella Benigno Fernández Salgado, filólogo e profesor da Universidade de Vigo. En “El Agricultor”, aparecen poemas do riotortense Manuel María García Castro, pero tamén composicións de literatos da categoría de Noriega Varela ou Lugrís Freire, Para rematar estas IV xornadas proxectaremos o documental “Miranda mítica e real” un achegamento ao Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro. Esta é obra e autoría de estudantes da Escola de imaxe e son de Lugo, coa participación principal da xornalista da Órrea Vanesa Gómez Lourido, que fará a súa presentación.
A vinculación familiar e literaria de Cunqueiro con Riotorto xa foi obxecto dunha xornada en abril do 2011, coincidindo co centenario do seu nacemento.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



