A Deputación Provincial aprobou no Pleno celebrado este martes 31 de decembro, cos votos en contra do PP, unha moción pola que se insta á Xunta de Galiza a iniciar de xeito inmediato a tramitación da declaración da Praia das Catedrais e a Costa de Ribadeo como Parque Natural, co fin de preservar a súa importancia xeomorfolóxica e a súa repercusión turística estatal e internacional. Antonio Veiga insistiu en que este recoñecemento “é necesario para reforzar a atención á conservación deste enclave natural e do seu contorno sen esquecer o beneficio turístico que supón”.
Desde a institución provincial enténdese que a declaración da Praia das Catedrais como Parque Natural permitiría mellorar a xestión e planificación do contorno, dando unha solución á problemática de conservación e á canalización de visitantes á altura do valor patrimonial deste espazo natural.
Antonio Veiga explicou que a mellor maneira de conseguir todos estes obxectivos é declarando a Praia das Catedrais Parque Natural. “É unha opción ambiciosa, pero se temos presentes as peculiaridades e especificidades deste enclave e a súa enorme proxección, deberíamos ser capaces de crear unha marca cun poder de atracción potente adecuadamente protexida”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



