O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano García, participou este martes en Mondoñedo na posta en marcha dunha nova acción formativa gratuíta sobre profesións de futuro incluída no Fórmate en Verde, unha das 10 liñas de creación de emprego da Deputación na provincia. Trátase de “A Certificación Forestal”, unha xornada sobre a importancia deste selo e as súas vantaxes económicas, na que a custe cero participaron 30 persoas, que se reuniron no auditorio municipal.
Os expertos explicaron que existen dous sistemas de certificación, FSC e PEFC, que acreditan que se está a levar a cabo unha xestión forestal sostible, o que conleva o incremento do valor do produto. É dicir, este selo garante beneficios económicos que, dependendo do mercado, poden ser de 3 a 6 euros por tonelada.
A certificación forestal é necesaria para a comercialización de especies como o eucalipto, do que resulta a celulosa para a fabricación de papel. Segundo o Inventario Forestal Nacional IV, un estudo que se realiza cada 10 anos para España e no que se avalía a riqueza forestal da provincia, Lugo conta con 62.000 hectáreas de plantacións de eucaliptos –practicamente, na súa totalidade na Mariña- cunhas existencias de 13,5 millóns de metros cúbicos de madeira. Polo tanto, acadar a certificación en xestión forestal sostible deste eucaliptos supón o incremento de beneficios para os produtores mariñáns.
6 millóns de euros
Mañá, mércores 4 de decembro, a Deputación leva outra acción formativa gratuíta sobre profesións de futuro á Fonsagrada. Trátase de “Os soutos de castiñeiros: implantación, produtos, tratamentos culturais e doenzas”. 20 persoas xa formularon a súa solicitude para participar a custe cero nesta xornada, na que se abordarán enfermidades dos soutos, como a tinta e o chancro, ofrecendo solucións para a rexeneración destas árbores e a mellora da produción da castaña. Hai que ter en conta que Lugo conta cunha produción de 4.500 toneladas de castañas, que xeran un volume de negocio de 6 millóns de euros.
Continúa aberto o prazo de inscrición en www.deputacionlugo.org para esta e outras xornadas sobre agricultura e gandería ecolóxica, así como sobre o sector forestal do Fórmate en Verde, co que a Deputación ofrece formación gratuíta ó respecto de profesións de futuro a máis de 1.400 persoas co obxectivo de crear ou reconverter as súas empresas, xerando ou mantendo emprego na provincia.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



