A asociación de veciños o Burgo de Trasbar inicia este venres 13 de decembro as actividades de Nadal. Este taller no que se xuntarán os veciños e veciñas para decorar o Local social dará inicio ás 17.30 horas e rematará cun chocolate. O domingo 22 de decembro Papá Noel percorrerá Trasbar e rematará no local social entregando agasallos aos máis pequenos. Haberá merenda para todos a partir das 17.00 horas. E o mércores 1 de xaneiro, o local social acollerá unha reunión de veciños para celebrar a chegada do 2014 a partir das 01.00 horas. Finalmente, o domingo 5 de xaneiro, a partir das 16.30 horas, os Reis Magos pasarán por Trasbar e faranse fotos cos nenos e nenas no local social.
Actividades de Nadal do Burgo de Trasbar
Actividades de Nadal do Burgo de Trasbar
Relacionado
-
Con motivo da celebración do Mercado Renacentista, o servizo de recollida de lixo no casco histórico de Viveiro sufre modificacións a partires deste xoves
-
Fin de semana de música e teatro con motivo do segundo aniversario da Taberna Galiana, aproveitando tamen a distinción de Solete Repsol do restaurante
-
Ángela Alcántara Coto, Marcela Pérez-Magdalena Villar, Eduardo Veiga Otero, e Antonio Florín Parlogea, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, recibiron o premio MEGAU 2025