Cervo, 5 de decembro de 2013- Decenas de persoas, entre voluntarios de Alcoa, da asociación de montes comunais Bidueiras, traballadores da brigada de obras, do grupo de emerxencias, do obradoiro de emprego e da organización Ardilla participaron ao longo deste xoves na plantación dunhas 500 árbores autóctonas no monte Escarabelada, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, a meirande parte carballos, piñeiros do país e castiñeiros.
Trátase das primeiras árbores dun total de 17.000 que está previsto plantar en distintas parcelas e terreos do municipio. Esta ambiciosa acción de reforestación lévase a cabo dentro das actividades da VII Semana de Seguridade, Saúde e Medio Ambiente de Alcoa, que finaliza hoxe, e coincidindo ademais co Día Internacional do Voluntariado.
De feito, a plantación é posible grazas á Fundación Alcoa, que impulsou e financiou esta actividade, facilitou os exemplares así como recursos humanos, e tamén á organización Ardilla Connecting Life, que é a encargada de acometer a plantación. A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, quixo agradecer á fundación “que fueran sensibles al proyecto puesto en marcha hace uns años para reforestar con especies autóctonas los terrenos municipales y que hicieran esta importante contribución para seguir ampliando el territorio de bosque atlántico”.
Desta forma, nas próximas semanas continuarase coa plantación destes milleiros de árbores para completar a acción. Este xoves o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente estiveron no monte Escarabelada para colaborar coa medida.
Cabe destacar que con esta plantación dáse, segundo Alonso, un “impulso muy fuerte” ao programa municipal de recuperación do bosque de natureza atlántica típico da Mariña. Ao mesmo tempo, é salientable que esta é a plantación de maior magnitude realizada a un tempo no Concello de Cervo dende a posta en marcha deste proxecto medioambiental.
Dende a administración local “tenemos que decir que nos sentimos muy satisfechos de ver como son cada vez más las entidades y grupos que colaboran y se implican en las distintas campañas de plantación que vamos haciendo durante el año porque, en definitiva, reforestar los terrenos públicos con especies autóctonas es un beneficio colectivo que permitirá a las próximas generaciones disponer de un denso espacio natural y de recreo” remata Alonso.