Mondoñedo, 21 de decembro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou este sábado na entrega de premios do XIV Certame de poesía Díaz Jácome para novos creadores, iniciativa literaria que organiza o Concello de Mondoñedo en colaboración coa área de Cultura da institución provincial. No acto, que se celebrou no salón de plenos do consistorio mindoniense tamén participaron o alcalde de Mondoñedo, Orlanzo González Cruz, e o ex-presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreira Fernández.
O chantadino Rafael Lobelle González impúxose como gañador nesta XIV edición, que contou con máis dunha trintena de traballos presentados, coa obra “Da retranca dos teus ollos”, o segundo premio foi para José Manuel Castiñeira, coruñés asentado en Palas de Rei, que presentou a obra “Petan na alma silencios”; mentres que o terceiro recaeu na obra da coruñesa Andrea Maceiras, “Auga lonxincua”.
Durante o acto de entrega, Antonio Veiga congratulou a todos aqueles que participaron neste certame, e explicou que “se trata dunha convocatoria que supón unha oportunidade idónea para a promoción de novas promesas da literatura en verso do noso País, ao mesmo tempo que fomenta o uso da lingua galega máis alá do ámbito cotiá”.
“Dende a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, nomeadamente dende as Áreas de Cultura e Normalización lingüística, apoiamos todas aquelas iniciativas que favorecen a cultura e lingua galegas, algo moi necesario nunha época tan difícil para o noso idioma. Tanto é así, que ademais de promover esta nova edición do Certame de poesía Díaz Jácome, vimos de colaborar tamén no Premio de Poesía Leiras Pulpeiro, convocado, no pasado mes de novembro”, concluíu o vicepresidente.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



