O Burela Pescados Rubén despídese de Vista Alegre en 2013 cunha vitoria por 4-1 ante o Peñíscola Bodegas Dunviro.
O conxunto galego comezou o encontro de forma fulgurante e aos tres minutos xa vencía por 2-0 con sendos goles de Matamoros. Un zarpazo do killer mariñao supuxo o 1-0 e acto seguido transformou un penalti realizado por Gus ao propio Matamoros. Sen case darse conta os levantinos debían afrontar un 2-0 que golpeou a súa liña de flotación. Os bureleses levaban o tempo do encontro pero non lograban aumentar a súa renda ante un Peñíscola que comezou a repoñerse do varapalo inicial e a chegar con maior perigo á meta local. Juanqui acurtou distancias e co 2-1 chegouse ao descanso. Na segunda parte, as imprecisións apoderáronse do xogo e as ocasións escasearon. O maior perigo visitante chegaba en potentes disparos de media distancia que Edu lograba anular con seguridade. No tramo final, Iago Míguez decantou o choque co 3-1 e o Peñíscola apostou polo xogo de cinco sen éxito. Isi puxo a guinda cun golazo, tras un recorte sutil que sentou aos seus rivais marcou o 4-1 final.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Edu, Isi, Antoñito, Hugo, Matamoros -cinco inicial- Burrito, Iago Míguez, Juanma, Mimi, Christian.
Peñíscola Bodegas Dunviro: Gus, Uge, Charly, Juanqui, Anós -cinco inicial- Gonzalo, Contreras, Solano, Asensio, Míchel.
Goles: 1-0, m.3, Matamoros; 2-0, m.3, Matamoros (pen.); 2-1, m.16, Juanqui; 3-1, m.35, Iago Míguez; 4-1, m.38, Isi.
Árbitros:Gallo Suárez, Velasco Martínez. Cartóns amarelos a Uge, m.36, e Solano, m.37.
Incidencias
Partido correspondente á xornada 16 da Primeira División da LNFS. Pavillón Vista Alegre de Burela, 1000 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Néstor Val, pai de Néstor Val xogador da canteira laranxa. No descanso do encontro realizouse a entrega de trofeos do Torneo Nadal Mariñán 2013, organizado pola Fundación Imdecum.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
