O venres 27 de decembro, a partir das 8 e media da tarde, o grupo músico-vocal “ESCOLMA DE MEUS” dará un concerto nas Escolas de Celeiro de Mariñaos. O acto está organizado pola Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano” da mencionada parroquia, e encádrase na programación cultural que esta asociación está a desenvolver durante o outono e o inverno, centrada no teatro, na música e en actividades para nen@s. O custo da entrada será de 2 euros. A formación musical viveirense está composta por músicos que formaron parte das clásicas orquestras de Viveiro, e ofrecerán un repertorio de música de sempre, de pezas inesquencibles, en vivo e en directo.
‘Escolma de meus’ en Celeiro de Mariñaos
‘Escolma de meus’ en Celeiro de Mariñaos
Relacionado
-
Ángela Alcántara Coto, Marcela Pérez-Magdalena Villar, Eduardo Veiga Otero, e Antonio Florín Parlogea, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, recibiron o premio MEGAU 2025
-
Falece un motorista en Lugo
-
O grupo dos maiores de Cervo Concilia fixo este mércores unha saída á praia para recoller tesouros naturais: cunchas, area, pedras e outros materiais especiais