O sábado 28 de decembro, día dos Inocentes, ACIA Burela porá en circulación nos comercios bureleses 28 billetes de 5 euros marcados. Se recibes un coas túas compras, podes canxealo directamente por un premio na Casa do Duende o domingo 29 de seis a oito da tarde. Ademais, esta fin de semana celébranse as xornadas gastronómicas dos callos. As racións por un prezo de 3 euros serviranse en horario de mediodía en: A Bodeguilla, A Casa da Avoa, A Marquesa, a Parrillada de Jandro, A Sartén de Carmen, Bar Orxal, Bar Panta, Café Bar Arenal, Casa Miranda, Cervecería Kiko, Hostal Valle de Oro, Hotel Canabal, Hotel Galatea, Hotel Restaurante O Sargo, Mesón da Pedra, Mesón O Secreto do Xoco, o Traste, o Trisquel, Os Remos e Restaurante A Lonxa.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



