Burela, 14 de decembro de 2013. O alcalde de Burela, José María González Barcia, e a concelleira de Servicios Sociais, Diana Durán García, visitaron oficialmente no mediodía deste sábado o mercadiño de Nadal que organizan na Praza de Abastos durante esta fin de semana as asociacións do municipio.
O alcalde e a concelleira comprobaron o enorme traballo que están a realizar as asociacións burelesas e agradeceron e recoñeceron a dedicación e esforzo que fan. De feito, Diana Durán afirmou que “o traballo que están realizando hai que resalto e tamén agradecelo, sobre de todo aqueles colectivos máis vinculados coas problemáticas sociais, e que se están a implicar absolutamente para colaborar cos máis necesitados”.
A concelleira de Servizos Sociais tamén asegurou que “a implicación do equipo de goberno coas asociacións é total, e se non facemos máis é porque non podemos: tanto é así que nos últimos dous anos impulsamos a creación de colectivos que antes non existían, e colaboramos decididamente con todas elas. Non hai semana na que non haxa, dun xeito ou doutro, reunións e conversas con asociacións, porque cremos que nestes momentos difíciles no eido económico a sociedade civil ten que ter un papel determinante na sociedade”.
González Barcia e Durán García recorreron todos os postos. A concelleira aproveitou para dicirlles aos colectivos que “este equipo de goberno aposta polas asociacións: por iso recuperou as subvencións, por iso as manterá para o vindeiro 2014, tal e como anunciou o alcalde onte mesmo. E xa nos gustaría poder dar máis axudas: non é posible porque o bipartito deixou ao Concello con moitas débedas que agora, en vez de pagalas eles soliños que é o que tiñan que facer, estamos pagandoas entre todos”.
Diana Durán engadiu que “as portas do Concello están aberta para todos os colectivos, ao igual que a colaboración que podemos prestar, e eles o saben perfectamente”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



