Cervo, 14 de decembro de 2012- O Concello comezou a repartir os calendarios do 2014 polos fogares cervenses, como xa é habitual cada ano por estas datas. Un almanaque que dá continuidade á publicación de fotografías históricas e de décadas pasadas, pero que nesta ocasión son máis próximas á actualidade, xa que foron tomadas nos anos 70 e 80 principalmente.
Trátase de imaxes en cor que amosan momentos especiais, como a botadura dun barco; eventos festivos, como a segunda edición da Queimada de Cervo, un momento do Entroido, ou as festas de Santa Isabel; momentos da vida cotiá como xuntanzas de mozos, o colexio ou eventos deportivos; fotos de grupo dos traballadores de Sargadelos; ou vistas panorámicas da vila de San Ciprián e a fábrica de Alcoa, ambas nos anos 70. Unhas instantáneas que tamén nos achegan datos sobre épocas pasadas, como as propias vestimentas, a estética, as orixes de eventos festivos agora consolidados ou a configuración urbanística e territorial do municipio.
Un conxunto de 19 fotografías que representan os costumes, as tradicións e o día a día dos cervenses hai máis de 30 e incluso 40 anos. “Queremos dar las gracias a todas las persoas que colaboraron con el Concello prestando unas fotografías con un enorme valor sentimental, tanto a nivel personal como colectivo” manifesta a edil de Cultura, Begoña Alonso, que presentou hoxe o calendario xunto ao alcalde, Alfonso Villares.
Deste xeito, preténdese que coa entrada do novo ano “todos los hogares cervenses dispongan de un calendario do 2014 que los acompañe durante los 365 días do ano” engade Alonso. Xunto ao almanaque, a veciñanza recibe unha carta do rexedor na que felicita as festas, dá a benvida ao ano novo e transmite os seus bos desexos para os cervenses.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



