O Mercado do Souto estase a realizar no Pavillón Polideportivo pechado que ten o Concello de Cervo a carón do Colexio Público, por acordo entre os postos d@s participantes, e a organización do propio Mercado, ata que o tempo o permita, que voltará a realizarse na Praza do Souto. Así, este domingo 8 de decembro celebrarase unha nova cita a partir das 10.00 horas con castañas e caldiño quente para todos e todas. Trátase dunha iniciativa da Asociación C. Airiños do Xunco de Cervo e da Asociación de consumo ecolóxico Karrikanta de caracter comarcal, co obxectivo fundamental de poñer en contacto a productores e consumidores poñendo en valor a produción e o consumo de produtos órganicos e naturais, da nosa zona e ten lugar os 2º e 4º domingos de cada mes. A duración do Mercado do Souto é de 10.00 h a 14.00h.





















Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



