Cervo, 6 de decembro de 2013. O BNG de Cervo considera unha boa noticia que o pleno da corporación de Cervo acordara a condena da represión franquista, lamentan iso si, que o goberno municipal vaia a remolque da acción social e institucional do BNG que xa promoveu tres homenaxes na rúa e presentou iniciativas no concello que non quixeron tratar. Os nacionalistas emendaron a proposta da alcaldía reclamando unha homenaxe institucional ás persoas represaliadas e que o concello tome en conta os nomes destas persoas para o rueiro municipal. Para o BNG é de lamentar a nula sensibilidade social do goberno local co colectivo de emigrantes retornad@s que o alcalde non levou pleno a pesar de telo así acordado co colectivo. Tampouco quixo aprobar o PP a iniciativa para reclamar a derrogación e non aplicación en Galiza do repago de medicamentos de subministración hospitalaria.
No PP pesa mais o ánimo economicista que o interese por preservar un servizos sanitario público que garanta a universalidade e a equidade do sistema.
Os nacionalistas pediron o apoio do pleno da corporación para reclamar do goberno galego a non aplicación en Galiza da Resolución de 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiamento de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde. O goberno municipal unha vez mais envolveuse na bandeira do partido no canto de facelo na da xente afectada por enfermidades graves e crónicas que deberán pagar un novo imposto á enfermidade. Para o portavoz Municipal Xoán Antón Estúa, “os representantes do PP non queren ver mais alá da bandeira partidista, e pouco ou nada lles importan as persoas ao dar por boa unha medida inxusta, que racha coa equidade do sistema, non vai supor ningún aforro para a administración, esquece que a sanidade xa a paga a cidadanía pola vía dos impostos e non con repagos. Estúa acusou ao PP “de non ter alma nin sensibilidade social e actuar como unha caixa rexistradora con ánimo recadatorio que en mellorar a calidade de vida da xente”.
O BNG forzou pola vía de urxencia a moción do colectivo de emigrantes retornados ao ver que o alcalde “esquecera” levala a pleno
O portavoz nacionalista criticou que o alcalde non levara a este pleno a moción do colectivo de emigrantes retornados, a pesar de serlle entregada en man polo propio colectivo fai semanas. Na iniciativa reclámase un trato xusto por parte da Axencia Tributaria e o cese da persecución deste organismo estatal cara este colectivo, a anulación de sancións e intereses, evitar a situación inxusta fixada por Facenda para a obriga de cotizar en función de si hai un ou mais pagadores, asesoramento aos afectados e a revisión de convenios con terceiros países.
O GMBNG, á vista da non inclusión na orde do día da moción, presentouna pola vía de urxencia e foi aprobada por unanimidade. Estúa “botou en cara ao Partido Popular que a pesar de existir un acordo unánime do Parlamento Galego que recolle parte das demandas dos colectivos de afectados, na práctica non se está aplicando”. O nacionalista explicou que “Facenda segue sancionando e reclamando intereses a emigrantes que xa pagaron a débeda principal, non lles ofrecen facilidades para o abono das cantidades pendentes que non sexa baixo o pago de novos intereses, así como tampouco se ten en conta a ausencia de mala fe ou mala información da propia Facenda á hora de tratar a este colectivo que so fixo traballar e non se nega a tributar, xusto o contrario do que fixeron os grandes defraudadores premiados polo ministro Montoro con amnistías fiscais”
O PP non é quen de desprenderse das vinculacións ideolóxicas co franquismo e quédase na retórica á hora de condenar o réxime anterior.
Para o BNG é moi satisfactorio que a corporación tomara acordo unánime para condenar a represión franquista, unha resolución que os nacionalistas levaban moito tempo buscando despois de ter promovido tres homenaxes ás persoas do concello que sufriron a represión do réxime franquista e presentado iniciativas no concello que o goberno municipal, nunca ocasión negouse a tratar e noutra quixo emendar invalidándoa.
En calquera caso para o BNG é insuficiente polo que presentaron unha emenda para completar a proposta da alcaldía que non foi aceptada polo grupo maioritario. Na proposta pedíase engadir ao acordo inicial o rexistro das persoas oriúndas ou residentes en Cervo que estando xa documentadas en diferentes publicacións, sufriron a represión do franquismo co fin de, por unha banda promover dende a institución municipal unha homenaxe colectiva e por outro, telas en conta para o rueiro municipal.
O portavoz municipal nacionalista manifestou que “de pouco serven declaracións institucionais se non se pon en práctica unha verdadeira recuperación da memoria destas persoas que nalgúns casos deron a vida por defender ideais democráticos e republicanos ante un golpe de estado fascista e antidemocrático”. Estúa, lembrou os nomes das 65 persoas que figuran documentadas como vítimas da represión franquista en Cervo, aínda que a lista puidera non estar pechada a posteriores incorporacións.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



