O concelleiro do BNG, Mario Pillado, formulará unha serie de preguntas no próximo pleno municipal para coñecer que medidas se van adoptar desde a Concellaría de Cultura e desde a Alcaldía do Concello de Burela para corrixir o precario estado de conservación no que se atopa o hipocausto de Castrelo. O BNG apresentará distintas iniciativas para o seu debate en pleno, instando ao Concello de Burela e á Xunta de Galiza a tomaren as medidas oportunas para a correcta conservación do hipocausto de Castrelo e outros bens do patrimonio local.
Desde o BNG temos denunciado publicamente en diversas ocasións a total pasividade e falta de interese do Concello de Burela a respeito do lamentábel estado de conservación no que se atopa o patrimonio da nosa vila. Nos últimos días puidemos constatar o permanente estado de degradación no que se atopa o hipocausto de Castrelo, grazas ao traballo que están a desenvolver distintos colectivos do tecido asociativo que operan no ámbito cultural e na defensa do patrimonio.
Para o BNG non é admisíbel que tanto o Concello de Burela como a propia Xunta de Galiza, estean a incumprir sistematicamente a Lei de Patrimonio de Galiza, segundo a cal “todos os bens que integran o patrimonio cultural de Galiza gozarán de protección” e deberán ser “conservados e protexidos polos poderes públicos”.
Mario Pillado censurou “que a inacción e falta de iniciativa do actual equipo de goberno vai máis alén da mera pasividade, pois están a actuar mesmo en contra da protección e conservación do patrimonio local”. Pillado engadiu que “nos últimos meses puidemos constatar como desde o propio Concello se ignorou unha proposta formulada polo Colectivo Buril para solicitar a declaración de Ben de Interese Cultural para as pinturas góticas da Igrexa da Vila do Medio, que se atopan nun estado de conservación moi precario e corren o serio risco de desaparecer”.
O grupo municipal do PP chegou a votar en contra de solicitar a declaración BIC para as pinturas da Vila do Medio, o que ven demostrar até que punto o PP só goberna para destruír. Pillado apuntou que “o PP é unha auténtica máquina de destrución de todo canto toca: emprego, sanidade, educación, liberdades e dereitos e destrución tamén do patrimonio cultural e lingüístico do noso País”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



