Os xogadores laranxas; Helder Gonçalves e Erik Campo clasificáronse coa selección galega sub 19 para a Fase Final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas tras derrotar a Extremadura e a Madrid. O encontro ante os madrileños resultou emocionante ata os instantes finais nos que un gol de Adrián González deu a clasificación aso galegos, eliminando da competición a Madrid, un dos máximos favoritos.
Sábado 28 de decembro
Extremadura – Galicia. 11.00 horas. Polideportivo San José Resultado: 4-1
Domingo 29 de decembro
Galicia – Madrid. 11.00 horas. Polideportivo San José Resultado: 3-2
Torneo Internacional de Futsal de Base Cidade de Lugo
Primeira Fase: 27,28 e 29 de decembro
O cadete A do Burela Pescados Rubén non acadou a clasificación para a Fase Final do Torneo Cidade de Lugo tras caer derrotado en semifinais por 4-2 ante o Ex Alcohólicos de A Coruña.
Fase Final: 2, 3 e 4 de xaneiro
No torneo lucense participan cinco equipo de base do Burela Pescados Rubén
Benxamín: Alejandro Bermúdez Álvarez, Noel Antuña Castro, Anxo Díaz Fernández, Lucas López Marcos, Pablo Fernández Rubal, Pedro Sobrado Pardo, Alejandro Altamirano Pérez, Martín González Cabanas, Miguel Rodríguez Gómez, Manuel González Pérez, Javier García Lago. Rafael Cancelos Díaz, Yago Ares Yáñez. Adestradores:Benito Repiso e Iván Cao.
Alevín: Gustavo Henrique Marchesan, Pablo Delgado Domínguez, Jorge Quelle Gómez
Nicolau Vizoso López, Diego Eijo Rivera, Antonio Baltar Pernas, Edmilson Carreia da Veiga, José Carlos Sanches Arteaga, Álex Pedreira Blanco, Anxo Paz Valiela, Daniel Barreiro Martínez, María Bertolo Casas. Adestrador: Carlos Gonçalves
Infantil: José Luis Sáez Soto, Víctor Pedreira Blanco, Óscar Candia Sampedro, Néstor Valle Gómez, Luka Eijo Geada, Adilson Varela Semedo, Rubén Blanco López, Daniel Márquez Fernández. Sergio Rivas Chao, Luis Miguel Nieto Fraga, Domingos Xabier Pinto Gomes. Adestrador: Brenan Rivas
Xuvenil: Erik Campo Vázquez, Francisco Garcia Ares, Rubén Fernández Díaz, Helder Gonçalves Semedo, Adrián García Eijo, Miguel Márquez Fdez., Marcos Iglesias Martínez
Jorge Pernas Vázquez, Cristian García Méndez, Adrián Riveiro Domínguez, Borja Blanco López, Renato Lopes Furtado, Adrián Sanjurjo Penabad, Ricardo J. Gómez Sánchez, Sergio Cora Piñón. Adestrador: Christian Gómez.
Liga Autonómica Cadete
CD Burela FS Pescados Rubén A – Cidade de Narón Futsal Resultado: 5-0
Domingo 29 de decembro, 11.00 horas. Pavillón Monte Castelo de Burela.
Liga Autonómica. Infantil
ED Burela FS A – Cidade de Narón Futsal Resultado: 3-3
Domingo 29 de decembro, 12.30 horas. Pavillón Monte Castelo de Burela.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
