Ribadeo, 24 de decembro de 2013. O ciclón das últimas horas deixou en Ribadeo árbores e carteis publicitarios caídos, lousas e tellas nas rúas e contedores rotos. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que non se produciron desgrazas persoais e aludiu ao incendio que onte á tarde se rexistrou na parroquia de Ove, ao pé dunha liña de media tensión e preto dun transformador. Todo apunta a que foi intencionado.
O rexedor dixo que “as incidencias deste ciclón quedaron en árbores caídos, carteis publicitarios dobrados, contedores rotos e movidos e a actuación dos voluntarios de Protección Civil durante gran parte da noite, e aos que lles valoro publicamente o seu traballo abnegado e dedicado”.
Incendio en Ove
Suárez Barcia tamén aludiu ao lume que rexistraba este luns na parroquia de Ove: “resulta curioso que se produza agora en decembro un incendio forestal. Ocorreu antes de que viñera esta auga, camiño das oito da tarde, rexistrouse na parroquia de Ove na parte baixa dunha liña de media tensión a poucos metros dun transformador eléctrico, o que deu lugar a un pánico importante, pero cos servizos da Policía Local, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil cun dos dous vehículos de extinción de incendios do Concello foi dabondo para controlar o incendio e evitar que fose a máis. Posteriormente chegaron os membros da brigada de extinción de incendios da Xunta para rematar o traballo, aínda que xa estaba controlado”.
O alcalde fixo dúas reflexións: “Ribadeo non debe estar como está sen servizos de intervención rápida soamente fiándonos do bo facer dos voluntarios, que o fan moi ben, pero que son voluntarios. Sempre que chegan outros servizos ben sexan os bombeiros ou os de extinción de incendios chegan e primeiramente son os voluntarios que impiden que as cousas vaian a peor, como foi o caso de onte. Valoro o traballo de todos e dos efectivos da Xunta, pero cando chegaron se non houbese voluntarios o incendio sería de consecuencias imprevisibles”.
Fernando Suárez engadiu que “sempre que se producen incendios en Ribadeo nos dous ou tres últimos anos sempre ocorren na parroquia de Ove, sempre son cando hai moito vento, sempre son de noite e da a impresión e da un pouco que pensar tanto a min coma a moita xente. Pedinlle á Xunta de Galicia que investigue este lume porque chama a atención moito onde ocorreu e onde empezou a arder. Destacar unha noite na que non houbo que lamentar ningún ferido, polo menos que nós teñamos coñecemento”.
O rexedor aproveitou para desexar unha feliz noite a todos os veciños e veciñas de Ribadeo: “que teñan unha feliz noiteboa na compaña dos seus. Moitas felicidades a todos”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



