Burela, a 14 de decembro de 2013.- O Partido Popular de Burela celebrará este luns 16 de decembro unha asamblea de afiliados e simpatizantes, ás oito da tarde na antiga biblioteca municipal de Burela. Esta cita navideña dos afiliados e simpatizantes populares vén sendo habitual desde hai oito anos.
Nesta asamblea, cuarta que celebra o PP burelés no que vai de ano, e segunda desde a celebración do congreso local no pasado mes de xuño, a dirección local informará sobre a actividade do partido desde o verán, e do traballo realizado polo grupo municipal desde o goberno do concello.
Ademáis, someteranse á valoración dos asistentes as liñas de traballo que se pretenden marcar tanto desde o partido coma desde o goberno municipal.
Desde a dirección locoal do partido afirmaron que “desde hai dez anos o contacto coa militancia é permanente, a base de reunión do comité e de tres ou catro asambleas anuais de afiliados e simpatizantes. Somos conscientes de que hai que contar con eles de aí este contacto prácticamente permanente”.
Finalmente, indicaron que “o partido no noso concello está en continua actividade, ainda que á volta das Festas de Nadal esta actividade verase incrementada e potenciada”.