SANTIAGO. O presidente da Fegamp e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, confía en que 2014 “sexa o ano dos concellos” para que “se aborden por fin os problemas da administración local con solucións reais e efectivas”. Ao seu xuízo, o próximo exercicio “ten que servir para deseñar e aprobar un novo modelo de financiamento local que nos permita seguir sendo administracións útiles para o cidadán”, un debate que deberá ir en paralelo “a adecuación a Galicia dunha reforma local que á Fegamp segue sen parecerlle a axeitada para a realidade dos nosos concellos”.
Sobre esta norma aprobada recentemente con carácter definitivo polas Cortes, Rey Varela insistiu en que “tiñamos un mandato claro da inmensa maioría dos alcaldes galegos para defender unhas demandas”, como o mantemento dos servizos sociais nos concellos ou o rexeitamento a implementar novos controis fiscalizadores sobre a xestión municipal. Por tanto, “para a Fegamp a reforma local non atende ao que Galicia pedía, e por iso, non podemos avalala positivamente”, resumiu.
Non entanto, o rexedor ferrolán tamén quixo “recoñecer que se produciron substanciais avances respecto ao primeiro texto que coñecemos”. “Foron cambios importantes, pero Galicia e a Fegamp tiñan unha folla de ruta clara avalada polos alcaldes, e é á que nos imos a cinguir”, engadiu. “É satisfactorio ver como demandas da Fegamp como a eliminación do custo estándar, a delimitación das deputacións ou a dignificación das retribucións dos electos se incluíron na reforma”, detallou.
Derivadas da reforma local, Rey Varela sinala dúas materias para este 2014 que está a piques de comezar. “Este ten que ser o ano dos concellos, en que se actualice o modelo de financiamento local para acabar cos desequilibrios crónicos das nosas economías, e no que Galicia adapte a reforma local á súa realidade municipal a través da súa lei autonómica”, insistiu.
“A intención do Goberno é abordar o financiamento local xunto ao modelo de financiamento autonómico”, avanzou Rey Varela, “e a data que se trasladou á FEMP é o primeiro terzo de 2014”. Ante este crucial debate, “a Fegamp volverá defender cunha única voz os intereses dos 314 concellos de Galicia, para que dunha vez se teñan en conta criterios como a dispersión e o envellecemento da poboación á hora de consignar os recursos dos concellos”.
Respecto da Lei de Administración Local de Galicia, José Manuel Rey mostrouse convencido de que “será un instrumento moi útil para que, dentro das competencias que recoñece o Estatuto, poidamos harmonizar a normativa legal á realidade galega”. “Sabiamos que era moi difícil que a reforma local contentase aos máis de 8.100 concellos de toda España”, e por iso mesmo “é fundamental que aproveitemos os espazos lexislativos que nos concede o Estatuto para atender ás nosas singularidades”.
O reto esencial será “o mantemento dos servizos sociais na administración local, facendo compatible o respecto á normativa estatal pero garantindo a continuidade da Lei de Servizos Sociais de Galicia do ano 2008”.
“Xunta e Fegamp realizamos alegacións á reforma local cun alto grao de coincidencia, o que pon de relevo que facemos unha análise moi similar da situación dos concellos e das solucións a expor”, algo que a xuízo de Rey Varela “facilitará o diálogo e o acordo para acordar a nova lei autonómica”.
Balance 2013
Respecto deste 2013 que finaliza, José Manuel Rey lamentou que se pechou “sen poder alcanzar un acordo para rebaixar a subida do lixo, que estaba practicamente feito e que se estragou no último minuto por intereses alleos á Fegamp”.
“Este 2013 volveu a ser un ano difícil para todas as economías municipais, pero mentres que a noticia doutras administracións públicas é se cumprirán ou non o déficit, hoxe os concellos do que discuten é sobre que uso darlle aos remanentes de tesouraría que lograron reunir con moito esforzo e froito dunha xestión responsable”, manifestou.
“Nos concellos non sobra o diñeiro”, aclarou, “pero demostramos que se pode atender ás demandas dos nosos veciños ao mesmo tempo que aforramos recursos cos que investir en emprego, servizos e infraestruturas públicas”.
Para José Manuel Rey, 2013 será un ano que se lembrará “por alcanzar un acordo histórico para a profesionalización do sistema de emerxencias coa creación dos GES”, ser “pioneiros nas actuacións de urxencia fronte aos desafiuzamentos grazas ao convenio conxunto con Xunta e o CGPJ” ou “iniciar os contactos coas eléctricas para pór fin ás anomalías na facturación dos consumos”.
Ademais, “este ano foi tamén moi especial para a Federación, porque cumpriu os seus primeiros 25 anos, demostrando que segue tendo lexitimidade para defender aos concellos galegos cunha voz única”. Por último, Rey Varela quixo ter un sentido recordo para Francisco Acal e Melchor Roel, alcaldes de Baleira e Viveiro respectivamente, falecidos este ano.




















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



