Ribadeo, 8 de novembro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, visitou, esta tarde, xunto co alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo, Ana Martínez, o Mercado de Nadal de Ribadeo, que hoxe inaugurou a súa 11ª edición, e que por segundo ano consecutivo está está situado nas rúas peonís do centro da vila: Reinante, Ramón González e Rodríguez Murias.
Un total de 32 artesáns de distintas especialidades coma o coiro, a xoiería, a olería, os tecidos, os produtos de alimentación, entre outras, danse cita desde hoxe, 3 de decembro, e ata o vindeiro domingo, día 8, nun dos principais eventos do calendario ribadense para este mes de Nadal. A actividade dos expositores complétase con obradoiros de xoirería, manualidades ou cestaría, mostras en vivo de tear e de olería, así como actividades para os máis pequenos e animación musical a cargo de grupos ribadenses como Amigos da Gaita ou Alesancia.
Durante a súa visita, Antonio Veiga incidiu “na importancia que ten adquirido este Mercado de Nadal de cara á dinamización económica da vila, non só pola promoción dos artesáns da zona, senón tamén porque serve de impulso ao comercio e á hostalería locais, incentivando as ventas e o consumo en datas previas ás festas do Nadal”.
Neste sentido, o vicepresidente da Deputación, convidou “a todas e todos os mariñáns e veciñas e veciños do occidente asturiano a visitar nestes sete días a undécima edición do Mercado de Nadal, unha iniciativa municipal moi atractiva de cara a fomentar a desestacionalización do turismo”.
Pola súa banda, Fernando Suárez sinalou que “xa van once anos desta iniciativa municipal que conta co apoio económico importante da Deputación de Lugo e que nos permite fixar a Ribadeo no mapa dos eventos e das actividades indispensables e insubstituíbles”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



