Cervo, 30 de decembro de 2013- Os orzamentos do Concello de Cervo para 2014 entraron esta fin de semana en vigor, despois de cumprir con todos os trámites fixados, dende a aprobación inicial, a exposición ao público, a resolución de alegacións, a aprobación definitiva e a publicación no BOP este pasado sábado. Todo isto en tempo, xa que cada un dos pasos fóronse realizando dentro dos prazos fixados na Lei de Facendas Locais, que establece que as contas deberán ser publicadas antes do inicio do exercicio, neste caso antes do 1 de xaneiro.
Así, o Concello cumpre co seu obxectivo de levar as contas ao día. De feito, esta é a primeira vez que a administración local ten aprobados os orzamentos de forma definitiva e publicados antes da entrada do novo exercicio. Unha situación “que demostra a boa planificación e xestión económica que se está realizando dende o Concello” asegura Pedreira.
Ao mesmo tempo, cabe destacar as liñas básicas deste orzamento, que ascenden a 5,1 millóns de euros, como son a non subida dos impostos por segundo ano consecutivo, o déficit cero, a estabilidade orzamentaria e certas partidas, como a de emprego, que se triplica este ano para chegar aos 100.000 euros para o plan de fomento do emprego xuvenil.





















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



