Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos denunciar un feito que nos parece moi grave, e que ven sendo tamén obxecto de denuncia por parte das usuarias e dos usuarios da Escola Municipal de Música de Burela nos derradeiros días. O asunto do que se está a falar é de irregularidades importantes nos cobros das taxas polo uso deste servizo, e que van dende os 3 ata os 60 euros nalgúns casos. O mencionado cobro produciuse o pasado 19 de novembro e, sen previo aviso (á hora de matricularse), segundo informan os usuarios, efectúanse, por parte do Concello unhas subidas que, neste momento, o único que fan é engadir unha dificultade máis para asumir pagos por parte das xa exprimidas familias.
Sabemos tamén, porque se fala na rúa, que a calidade do servizo da Escola de Música se viu empobrecida dende que o PP está a “desgobernar” Burela e gustaríanos que a máxima responsable da mesma, a Concelleira de Educación e Cultura, Mónica Pedre, dera por vez primeira a cara para explicar todos estes problemas. Sabemos que o Alcalde di que o servizo mellorou e que se contrataron tres profesores máis…, mais nós, dende o PSdeG-PSOE dicímoslle que, co bipartito gobernando, e con tres profesores menos, nunca deixamos de atender a ningún alumno ou alumna, e iso que tíñamos unha matrícula maior da que hai agora. Porén, a día de hoxe, algún alumnos e alumnas quéixanse de recibir menos horas de clase e, segundo se acaban de enterar sen previo aviso, agora teñen que pagar máis.
O tema parécenos moi grave e por iso, dende o PSdeG-PSOE de Burela, estudaremos a posibilidade de presentar unha moción sobre este tema no próximo Pleno Ordinario do Concello de Burela, se é que o Alcalde ten a ben convocalo algún día.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



