- O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, participaron este venres xunto ao Alcalde do Concello de Meira, Antonio de Dios, na Xuntanza dos Maiores, que se celebrou ao longo de toda a xornada neste municipio
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
- Este domingo, 6 de setembro, celebrarase na Sala Cultural Xosé Vizoso, nas Carboeiras de Sargadelos, o I Concurso de Puzzles “Sargadelos peza a peza”, organizado por Hai Larán
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
- O vindeiro 26 de setembro celebrarase a Presentación das San Lucas 2026, unha xornada festiva que combinará gastronomía, música e tradición
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
- A IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e a Feira de Artesanía de Ribeiras de Lea celebraranse o 12 de setembro en Castro de Rei, con apoio da Xunta
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
- Inaugurada a exposición 'Óleos – Obra recente 2020‑2026, con pinturas de Fernando Laxe Bouzamayor', no Complexo Cultural Regalxunqueira de Viveiro
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
- Belén Alonso Fernández recibiu o I Premio de Narrativa Manuel García-Galano polo relato Antias das cinzas, nun acto celebrado na Casa da Cultura de Tapia dentro da Feira Campomar 2026
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
- O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, visitou este martes aos integrantes do Club Natación PortaMiñá Lugo, que están a celebrar unha semana de convivencia en Cervo como paso previo ao inicio da tempada 2026/2027
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.