Foz, 23 de decembro de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destacou este luns que o actual plan urbanístico recibiu menos da metade de alegacións que o documento de 2007. O rexedor considera que Unifoz e o BNG fracasaron no seu intento de colapsar o Concello con reclamacións ao PXOM.
“Unha vez feito o reconto de alegacións ao Plan Xeral de Foz que estivo exposto durante dous meses fago unha valoración moi boa en xeral porque recibíronse menos da metade das alegacións que houbera para o documento anterior, no ano 2007. Non chegan a 600 alegacións cando en 2007 había cerca de 1.200. Isto quere dicir que o documento está xa bastante avanzado, que se corrixiron moitos dos erros que había inicialmente no ano 2007”, manifestou hoxe Javier Castiñeira.
Para o alcalde focense “en contra totalmente do que dixeron Unifoz e o sobre todo o Bloque Nacionalista Galego, cunha campaña anti Plan Xeral vergonzosa e desleal, estes dous grupos políticos leváronse un mazazo importante porque intentaron colapsar o Concello con reclamacións, pero a verdade é que a xente é moito máis intelixente do que pensan Unifoz e o BNG e defende os seus intereses sen que ninguén lles obrigue a facer outra cousa distinta. A campaña de información que levou a cabo o Concello cos técnicos municipais foi moito maior que a campaña de desinformación que quixeron facer Unifoz e o BNG baseándose en mentiras e falsidades, das que a xente se deu conta”.
Castiñeira anunciou este luns que “todas as alegacións numeradas serán levadas polos técnicos municipais hoxe xa á Coruña para que as teñan os redactores e poñernos a traballar inmediatamente en tratar de resolvelas o antes posible e atender todas aquelas que se poida e as que non respondelas para que canto antes isto siga o seu proceso. Ademais trataremos de reunirnos con todas as administracións que participan tamén na elaboración do plan, que son máis de 30 e xa están emitindo os seus informes”.
O rexedor municipal rematou afirmando que “a intención e vontade deste grupo de goberno é asumir este expediente con valentía. É necesario para o concello de Foz sacar un documento moderno para non seguir coa inseguridade xurídica que provocan unhas normas do ano 81. E así o vamos facer porque é a nosa responsabilidade e porque é o mellor para no noso concello”.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



