A comisión de festas da Virxe do Carme presentou este luns dous eventos que se porán en marcha nestes días. Trátase, por unha banda, da Arroutada Inocente e, por outra, da Festa de Fin de Ano. A máis próxima no tempo é a Arroutada Inocente, fixada para o día 28 de decembro coincidindo co Día dos Santos Inocentes. Neste festival están confirmadas as actuacións dos grupos locais Clan Maragato e GLS así como a participación da discoteca móbil Decibelio´s.
Un evento que terá lugar nunha carpa climatizada aberta ao público e de entrada libre instalada na praza dos Campos de San Ciprián. A carpa estará aberta dende as 22:00 horas, mentres as actuación arrincarán ás 00:00 horas.
Nesa mesma carpa a comisión de festas da Virxe do Carme ofrecerá a primeira Festa de Fin de Ano, que tamén será de entrada gratuíta e que estará aberta o día 31 de decembro a partir da 01:00 horas. Nela haberá música de forma continuada coa orquestra Troco e a discoteca móbil Decibelio´s. Cabe destacar tamén que ao longo da noite sortearase unha cesta de Nadal, doada polos comercios e locais de hostalería de San Ciprián.
A comisión de festas da Virxe do Carme, representada polo seu presidente, José Ramón Soto, deu a coñecer hoxe os carteis xunto a Yolanda Pedreira, edil de Xuventude do Concello de Cervo, ente que colabora na posta en marcha de ambas celebracións, nas que tamén participa Espectáculos San Roque.
Soto destacou que “se trata de dous eventos que pretendemos lle dean actividade e movemento á vila de San Ciprián nestas datas festivas, complementando a oferta de lecer do Nadal, apostando pola música e a diversión e buscando a implicación da poboación, tanto do municipio como de fóra”.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



