Esta fin de semana a hostalería de Burela celebra as xornadas gastronómicas “Ponte de Pulpo en Burela”, na que participan 20 locais ofrecendo diferentes minirracións elaboradas ó precio de 2 euros. As xornadas terán lugar nos diferentes locais hostaleiros de Burela asociados á campaña durante a ponte de decembro, entre o venres 6 e o domingo 8. A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela organiza esta segunda edición da campaña “Ponte de Peixe en Burela”, que inclúe tres xornadas gastronómicas nas diferentes pontes festivas dos últimos meses do ano: outubro (bonito), novembro (merluza) e decembro (pulpo). En cada unha delas sortéase unha cesta de peixe variado doada por ABSA e valorada en 500 euros entre tódalas persoas que participen na campaña. Para iso cada persoa debe selar a súa tarxeta de participación en catro locais das diferentes zonas nas que se divide o mapa de Burela.
