O pasado venres, 29 de novembro, celebrouse o último bingo do Campañazo que organizou a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz. A gañadora foi Eva María Pita Recalde, que resultou agraciada con 300 euros en vales de compra. O boleto gañador fora entregado na Expendiduría nº 2 (estanco) e tocou na cafetería Happy Days, ata onde se desprazaron os directivos da ACIA para facer entrega deste premios e dos outros 300 euros en vales de compra (50 euros para cada uno) ao resto dos cartóns premiados no bingo do venres. En total no Campañazo de ACIA Foz deste mes de novembro de 2013 participaron preto de 60 establecementos. E nos cinco sorteos celebrados repartíronse 3.000 euros en vales de compra. Esta iniciativa, que continúa a ser un éxito, volverá o vindeiro mes de xaneiro.





















Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



