Foron un total de 567 postais recibidas no XII Concurso de Postais Nadal 2013 convocado polo Concello de Foz procedentes de todos os colexio da vila e a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme de Foz. O xurado do XII Concurso de Postais Nadal 2013 de Foz determinou que na categoría infantil A levase o primeiro premio Bruno Rodríguez Docobo (7 anos) e, o segundo, Carmela Alonso Cuadrado (4 anos). En infantil B, Daniel Alonso (10 anos) levou o primeiro premio, mentres que Vania Barral (10 anos) o segundo. María Femenías e Iñaki Burundarena fixéronse co primeiro e segundo premio da categoría xuvenil, respectivamente. Ovidio Yañez López, da Asociación de Discapacitados Virxe do Carme, foi nomeado accesit especial. E, entre os gañadores, a felicitación institucional do Concello de Foz será representada pola postal de Bruno Rodríguez, no colexio público Nº1 que recibirá o premio especial. Dende a Biblioteca Pública Municipal agradecen “moitísimo está gran participación sabedores do moito traballo que hai nos colexios nestas datas e o esforzo de todos os nenos participantes e donde a calidade dos traballos puxo moi difícil a elección da postal gañadora”. Así, a Concellería de Cultura da os parabéns a todos.
