A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá rematará este seu primeiro ano cunha última andaina, desta vez botarase a andar pola Serra de Meira, para facer a Ruta Miño-Eo, o tramo Pedregal de Irimia – A Carota podendo disfrutar dunha paisaxe incomparable e pasmosa. Será este mesmo domingo, día 22 de Decembro. Trátase dun paseo de 14 km e de dificultade media/alta. Sairase ás 9:00 horas do Cantón de Vilanova de Lourenzá, e ten un prezo de 18€ para os socios e de 25 € para os non socios; prezo que inclúe viaxe e comida en restaurante. A data límite para apuntarse é o martes día 17 de Decembro ás 14 horas nos teléfonos 982121006 / 636679512 (Pepe) ou 658 097133 (Miguel) ou tamén o poden facer a través do correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com. Recoméndase levar botas e bastón.
Ruta dende Lourenzá pola Serra de Meira
Ruta dende Lourenzá pola Serra de Meira
Relacionado
-
Este xoves, 26 de xuño, tivo lugar na Praia de Frexulfe (Navia) o acto oficial de entrega das Bandeiras Azuis 2025, organizado polo Concello de Navia, coa presenza de autoridades e representantes de entidades galardoadas
-
A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, remata o curso da escola de baile e música tradicional cun festival aberto ao público que terá lugar o vindeiro domingo 27 de xuño ás 19:30 h na praza do Concello
-
A campaña “Separa. Depende de ti” de Sogama fixo este xoves parada en Cervo