Cervo, 7 de decembro de 2013- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, reiterou este sábado o seu compromiso e a súa sensibilidade coa situación que atravesan os emigrantes retornados en relación coas esixencias da Axencia Tributaria. Unha preocupación que xa lles trasmitira a varios membros en persoa hai uns meses, cando a Asociación de Emigrantes Retornados da Mariña chamou ao rexedor para convocalo a unha reunión na que o informaron dos actuais problemas do coletivo.
Unha xuntanza que se produciu un venres pola tarde e á que foi convocado eses mesmo día pola mañá. “Aínda así, acudín, escoitei as súas preocupacións e manifesteilles o meu compromiso persoal e de todo o Concello coa causa,” explica Villares.
Pero ao mesmo tempo, Villares lamenta que “dende aquela reunión, hai dous meses, ata agora, nunca máis volvín saber nada do asunto. Nin unha carta, nin un correo electrónico, nin unha chamada, nin calquera outra forma de concretar a proposta de forma oficial”.
De feito, o rexedor bota en falta que os asistentes a aquela reunión fixesen algún trámite oficial co Concello tal e como eles mesmos anunciaran na reunión. “Pola súa parte houbo unha ausencia de comunicación absoluta e un contacto nulo máis alá da reunión” engade Villares.
Por iso, amosouse sorprendido ao ler as críticas do voceiro do colectivo nos medios de comunicación, “un señor ao que non coñezo e que nunca se comunicou comigo, e que a única noticia que teño del é a través da prensa”. Deste xeito, o primeiro edil lamenta o comportamento do voceiro da entidade, “que demostra o escaso interese deste señor porque o grupo de goberno de Cervo levase a moción a pleno”, porque se ese fose o seu obxectivo “tería feito co Concello un trámite oficial, que é como se deben facer as cousas cunha administración”.
Villares considera que en lugar de dedicar o seu tempo a criticar nos medios, o voceiro “puido preparar un escrito e facelo chegar ao Concello a través de múltiples maneiras e vías oficiais, o cal tería sido moito máis beneficioso para todo o colectivo ao que representa e do que é portavoz”.
O alcalde de Cervo asegura que “así foi como sucedeu todo. Unha reunión, un compromiso da asociación de volver a contactar co Concello e unha crítica nos medios”. Ao mesmo tempo, Villares insta ao voceiro da entidade a “ensinarlles aos asociados un só documento ou un só trámite enviado ao Concello de Cervo de forma oficial”.
O rexedor informa de que os sete concellerios do grupo de goberno votaron a favor da moción no pleno celebrado este pasado xoves.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



