As pandereteiras da Asociación Xuvenil Xiradela, de Arteixo, ofreceron unha actuación organizada pola Asociación Mulleres de San Ciprián o sábado 14 de decembro como preámbulo da cea de Nadal, na que participaron unhas 100 socias así coma o alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias. As pandereteiras de Xiradela teñen un amplo repertorio e teñen actuado xunto a Carlos Núñez ou Dulce Pontes entre outros artistas recoñecidos.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



