A Mariña, 25 de xaneiro de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, vén de reunirse con Manuel Fernández Valle, en representación da Fundación Eu Son para asinar un convenio de colaboración entre a institución e o colectivo por valor de 1.500 euros.
A Fundación Eu Son, que nace da unión do Concello de Burela e da asociación de pais CAMIÑA, ten como finalidade proporcionar asistencial social a persoas con capacidades diferentes en idade laboral facilitando a súa integración en empresas ou centros especiais de emprego, así como prestar funcións tutelares, asistenciais, ocupacionais e calquera outro tipo de actividades formativas ou educativas tendentes a mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias e as súas familias.
No marco destas iniciativas, e grazas á colaboración da área de Benestar Social da Deputación de Lugo, a Fundación Eu Son continuará co seu labor de venda e difusión de cerámica que elaboran as persoas que conforman Eu Son no obradoiro do propio colectivo.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



