Por segundo ano consecutivo, nestas datas de Nadal, a Asociación Conde Santo decide poñer en escea unha nova representación teatral. Nesta ocasión trátase dunha peza orixinal de Pepe Peinó, que foi lixeiramente adaptada para esta ocasión. A trama, que leva por título “Alí vén teu pai”, garante dúas horas de risas, provocadas por personaxes que, de seguro, sorprenderán ao público.
Dende a Asociación desexamos dar as gracias a unha serie de persoas alleas á propia asociación (nenos e adultos) que nesta ocasión nos van a acompañar no elenco de actores de maneira totalmente desinteresada; así como ao Concello de Lourenzá que nos facilitou a realización dos ensaios no Salón de Actos municipal, e á Técnico de Cultura, que exerce de directora da mesma.
Por outra banda, tamén queremos pedir disculpas por aqueles erros que poidamos cometer na representación, xa que os tempos para ensaiar foron escasos, debido á imposibilidade de compatibilizar os horarios dos integrantes do elenco, por motivos laborais e de estudos; pero que tentaremos subsanar coas ganas e o entusiasmo que nos supón este novo reto.
Finalmente, non nos queda máis que convidar a toda a xente que nos queira acompañar, ás dúas representacións da peza que se van a levar a cabo este vindeiro sábado, 4 de xaneiro, en dúas sesións, a primeira ás 5 da tarde e a segunda ás 9 da noite; nas dependencias do Salón de Actos do Concello de Lourenzá. As entradas serán gratuítas, e por motivos de aforo, limitarase o acceso a 130 persoas en cada un dos pases.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



