O Burela Pescados Rubén inicia o novo ano cun gran desafío, visitando o Palacio dos Deportes para enfrontarse a ElPozo Murcia, segundo clasificado. O encontro correspondente á xornada 18 da Primeira División xógase o venres día 3, a partir das 21.00 horas.
Os mariñaos buscarán dar a sorpresa ante un ElPozo Murcia que mantén unha traxectoria impecable como local; 8 partidos, 8 vitorias. Malia a historia e os números actuais dos murcianos o adestrador burelés, Juanlu, confía en plantar cara a un dos grandes da Liga: “somos conscientes da dificultade do reto que supón medirse a ElPozo. A primeira premisa para poder competir por un resultado positivo pasa por defender moi ben e unha concentración máxima durante todo o partido”. Ademais das virtudes individuais; Miguelín, Kike, Grello, Adri, Alex,…. e o seu excelente xogo colectivo os murcianos fixeron do Palacio un fortín inexpugnable ata o momento. Na súa casa “comezan os partidos moi enchufados e agresivos así que debemos ser capaces de contrarrestar esa presión inicial para non ir contracorriente desde o principio. O seu potencial é moi alto e ademais teñen unha gran riqueza táctica e estratéxica. Si non están especialmente finos, sempre atopan unha vía de perigo a través das accións a balón parado”. Unha das chaves para dar a sorpresa sería “adiantarnos no marcador, daríanos un plus de confianza aínda que, evidentemente, tampouco che asegura nada”. O Burela Pescados Rubén deberá rozar a perfección para regresar con botín de terras murcianas e para iso “debemos ser moi efectivos de cara a gol xa que eles apenas conceden ocasións”. En Vista Alegre, ElPozo logrou unha vitoria clara (0-4), aínda que para nada cómoda e tirando de contragolpe como principal recurso, algo pouco habitual nos murcianos. “Considero que competimos ben contra eles e suscitámoslles moitas dificultades que esperamos repetir pero cun final favorable” concluíu Juanlu.
Dúbida
O adestrador de ElPozo declarou sobre o partido que espera que “o Burela non empece a levantar cabeza en Murcia. Non queremos ser o seu punto de inflexión” engadindo que “ten potencial, estrutura e un gran adestrador para estar máis arriba na clasificación, e estou seguro que o estará. É un conxunto con virtudes, avezado, completo, moi compensado e que non merece estar no posto que ocupa na táboa.Temos que aproveitar a súa falta de confianza actual e saír airosos deste encontro”.
CONVOCATORIA
Burela Pescados Rubén: Edu, Isi, Christian, Antoñito, Burrito, Matamoros, Álex, Mimi, Hugo, Carlitos, Iago Míguez e Juanma.
ElPozo Murcia: José Ruiz, Juampi, Jesús, Bebe, Álex, Miguelín, Fabio, Kike, Adri, Rafa, Raúl Campos e Grello. Baixa: Franklin.




















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
