En resposta á nova aparecida no diario El Progreso con data 11-1-2014 co titular “El contencioso obliga al Concello de Mondoñedo a dar autorización a la subestación de Os Remedios” a Asociación de Veciños Vilaoriente da parroquia dos Remedios, desexa manifestar:
1. Desmentir rotundamente a veracidade deste noticia. A sentenza do Xulgado do Contencioso de Lugo de data 21-9-2013 so estima o recurso presentado pola empresa e.on contra o Concello de Mondoñedo pola paralización exclusivamente das obras dunha LAT (Línea de Alta Tensión), pero non contempla obras dunha hipotética ampliación da Subestación de Mondoñedo.
Ademais, esta sentencia non é firme por estar recurrida polo Concello e está en espera de resolución.
2. Hai que recordar unha vez máis que a xustiza ven dando a razón á Asociación de Veciños Vilaoriente sobre a imposibilidade xurídica de ampliar a Subestación de Mondoñedo. Así, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de data 23 de marzo de 2010, estima o recurso interposto por esta asociación contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada interpuesto contra a resolución de 25-12-2006 dictada pola Consellería de Innovación e Industria para a ampliación da Subestación de Mondoñedo, anulando a mesma por ser contraria a Dereito. Sentenza declarada firme por decreto dictado en data de 21 de outubro de 2010 polo Tribunal Supremio, sala do contencioso administrativo.
3. Hai que recordar a sentenza do TSXG de data 22 de xaneiro de 2010, estima o recurso interposto por esta asociación de veciños contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia no que se aprobaba o Proxecto Sectorial da liña de alta tensión da subestación de Mondoñedo á subestación de Boimente, anulando o mesmo. Sentenza declarada firme por decreto dictado en data 22 de outubro de 2013 polo Tribunal Supremo, sala terceira do contencioso administrativo.
4. Hai que recordar tamén a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictada o 1 de xuño de 2005 que declara a nulidade da resolución dada pola Consellería de Industria sobre “Proyecto de ejecución de ampliación de la subestación de Mondoñedo”. Sentenza declarada firme polo auto dictado en data de 8 de febreiro de 2007 pola sala do contencioso administrativo sección primeira do Tribunal Supremio, recurso de casación 5111/05.
5. Polo tanto, estas Sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia adquiriron FIRMEZA, e iso conleva que a ampliación da subestación de Mondoñedo pasa a ser “cousa xulgada, material e formal”.
6. Todas estas Sentenzas, representan un gran apoio e respaldo á posición mantida por esta Asociación de Veciños na súa oposición á pretendida ampliación da Subestación de Mondoñedo, recollendo así o sentir maioritario da poboación para que se cambie a ubicación de dita subestación.
7. Constatouse que a Subestación de Begasa non conta con licenza de actividade, polo que ven funcionando clandestinamente. Recordamos que a pretendida Ampliación da Subestación de Mondoñedo por parte de BEGASA / Viesgo / e.on ven xa dende 1997/98, e en todo este tempo (case 17 anos) non o conseguiron.
8. Esta Asociación de Veciños entende que os criterios dun desenvolvemento sostible pasan por protexer e realzar o entorno no seu conxunto territorial, e na defensa dos seus valores culturais e naturais, sen perder por isto as súas potencialidades económicas. Pretender incrementar a Subestación, e consecuentemente o número de tendidos de Alta Tensión, causaría un grave prexuízo á poboación do casco urbán e dos núcleos rurais, tanto dende o punto de vista económico coma da salubridade pública, pues aumentaría a incidencia dos Campos Electromagnéticos (CEM) na saúde dos habitantes do entorno.
9. Por último, esta Asociación de Veciños congratúlase do apaio e respaldo recibido, recollendo así o sentir maioritario da poboación. E da as grazas a todos os que nos expresaron o seu afecto e solidaridade.
Carlos Maseda González
Presidente da Asociación de Veciños Vilaoriente