A delegación de Cultura do Concello de Burela ven de comunicar os gañadores dos certames de Nadal 2013 convocados a través da Biblioteca Pública Municipal.
Os premiados son:
POSTAIS:
Educación Infantil (0-3 anos):
.1º premio: VICTOR LÓPEZ PÉREZ (3 anos).C.E.I.P. FONDO NOIS.
.2º premio: DANI BORRAJO TRELLES (2 anos). Escola Infantil a Galiña Azul).
Educación Infantil (4-5 anos):
.1º premio: IVÁN DE BRITO ANTORÁN (5 anos). CEIP VIRXE DO CARME.
.2º premio: MAITE RICO FONTELA (5 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
1º e 2º de PRIMARIA:
.1º premio: NEREA GÓMEZ LESTEGÁS .(1º de primaria).(6anos)CEIP VISTA ALEGRE.
.2º premio: AYELÉN JIMENEL RODRÍGUEZ.(2º de primaria)(7anos).CEIP VISTA ALEGRE.
3º e 4º de PRIMARIA:
.1º premio: AINOA REY PIÑEIRO.(3º de primaria)(8anos).CEIP VIRXE DO CARME.
.2º premio: ÁNGELA SÁNCHEZ OTERO.(4º de primaria).(9anos) CEIP VIRXE DO CARME.
5º e 6º de PRIMARIA:
.1º premio: ALBA JIMENEZ RODRÍGUEZ.(5º primaria).(10anos)CEIP VISTA ALEGRE.
.2º premio: CARLA FRA GARCÍA.( 6º primaria). (11anos) CEIP VIRXE DO CARME.
POESÍA:
Categoría A (ata 8 anos):
.1º premio: ELSA UGARTE COUTO.(8 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
.2 premio: LUCÍA CANCELOS REBOLO (8 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
.3º premio: EVA REY LOAYZA (8 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
Categoría B (9-11 anos):
.1º premio: CARMEN PERNAS PERNAS.(11anos). CEIP VIRXE DO CARME.
.2º premo: ALBA AMENEDO PARDO (10 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
.3º premio:JAVIER GARCÍA LAGO (9 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
Categoría C (12-16 anos):
.1º premio: IRENE RICO GÓMEZ (14 anos) IES MONTE CASTELO.
Os premios serán entregados na Sala de Arte da Casa da Cultura o vindeiro xoves, 23 de xaneiro, ás 19:00 horas. Os 17 nenos e nenas recibirán os seus agasallos de man do alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e da concelleira de Cultura, Mónica Pedre.























Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.



