A Plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com que a Deputación de Lugo puxo en marcha co fin de abrir novos mercados ás PEMES e autónomos da provincia e aumentar deste xeito os seus beneficios, multiplicou por 7 as visitas dende a súa creación no 2011. Na actualidade conta con 154 empresas adheridas, que comercializan máis de 470 produtos e servizos.
Tras case tres anos de funcionamento, a plataforma conta con empresas adheridas dos sectores agroalimentario, hostaleiro, artesán, téxtil e de lecer, entre outros. Das máis de 85.000 visitas que recibiu a web dende a súa creación, a maioría das visitas son nacionais, un 88%, e outro 12% se realizan dende o estranxeiro. As vendas dende a súa creación, ascenden a 13.000 euros de facturación e a páxina web conta con 1.870 amigos de facebook, a máis de 1.000 lles gusta a plataforma que ademais ten 637 seguidores en twitter. Entre os produtos mais vendidos destacan as conservas de verduras como os grelos ou berzas, embutidos como o xamón, lacón o botelo ou o chourizo e o pan e as empanadas.
A Deputación creou en 2011 co financiamento da Unión Europea este primeiro centro comercial virtual da provincia co fin de impulsar por medio das novas tecnoloxías o desenvolvemento económico de Lugo. O portal de venda on line forma parte da aposta decidida do organismo provincial polas PEMES e Autónomos como verdadeira columna vertebral da economía lucense, pois ábrelles unha nova canle de venda dos seus produtos e xerar postos de traballo, ademais de ofrecer unha imaxe de marca dos produtos de Lugo cara ó exterior. A plataforma de comercio electrónico da Deputación é a única das súas características na comunidade galega porque ofrece en exclusiva produtos autóctonos e de calidade, e as empresas adheridas non teñen que asumir ningún custe.
Os usuarios poden acceder á plataforma entrando na dirección www.losproductosdelugo.com onde se atopan cun catálogo de produtos de alimentación, artesanía, moda, servizos de lecer, óptica, entre outros. o mecanismo para compra é rápido e sinxelo: teñen que elixir os produtos desexados, incorporalos á cesta da compra virtual e tramitar o pedido, elixindo a forma de pago. Todas as transaccións se realizan mediante unha conexión totalmente segura que garante a privacidade dos datos do comprador. O cliente, que non está obrigado a facer un pedido mínimo, recibirá o material adquirido nun mínimo de 48 horas. No caso de non quedar satisfeito, pode devolver calquera artigo nun prazo de 15 días.
A adhesión a esta plataforma para as empresas lucenses é completamente gratuíta e conta con completa información na web www.losproductosdelugo.org. A Deputación ofrece ás firmas asesoramento personalizado e continuo para adherirse e manterse na plataforma.
Impulso ós produtos autóctonos
A plataforma é unha das iniciativas desenvoltas pola Deputación para a promoción dos produtos autóctonos de calidade e o medio natural como oportunidade de negocio para a provincia. Precisamente estes días estase a desenvolver o II Mercado de Nadal “Merca o teu”, no que varias casetas ofrecen algúns do produtos característicos da provincia en artesanía, gastronomía e moda que tamén se poden adquirir a través da plataforma. No mercado, instalado na Praza de San Marcos, tamén se pode consultar na caseta da Deputación información sobre esta e outras iniciativas do organismo provincial.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



