Cervo, 20 de xaneiro de 2014- A Xunta de Galicia vén de comunicarlle ao Concello de Cervo a concesión dunha subvención de 3.500 euros para a Maruxaina. Unha axuda que forma parte dunha liña específica do Goberno autonómico para o apoio, promoción e difusión ás festas declaradas de Interese Turístico Galego, como é o caso da Maruxaina.
Cabe lembrar tamén que o Concello tamén recibiu no seu momento por parte da Xunta as correspondentes axudas para as outras dúas festas con esta distinción que existen no municipio, como son a festa do Ourizo e a Queimada.
A edil de Turismo, Begoña Alonso, quixo agradecer á Xunta “su esfuerzo por apoyar a las fiestas de interés turístico gallego y a sus concellos y, por supuesto, su sensibilidad con el fomento de unas celebraciones tradicionales y con mucho éxito como las que tenemos en el municipio de Cervo”. Alonso lembrou que “estas subvenciones son una gran ayuda y una fuerte apuesta por mantener y hacer grandes nuestras fiestas más reconocidas”.
Ao mesmo tempo, a responsable de Turismo destacou que o Goberno autonómico “es el único que muestra verdadero interés por la Maruxaina, por manter la fiesta viva y por darle un impulso”, fronte a “otras administraciones que nunca se implicaron en una fiesta tan típica y que nació de los vecinos”. Alonso bota en falta “la ayuda de la Diputación, cuya vicepresidenta segunda y vecina de San Ciprián, nunca ha conseguido ninguna aportación a la Maruxaina”.
Deste xeito, “las cuentas están claras: la Diputación destina cero euros a la Maruxaina, y la Xunta 3.500 euros”. A edil lembra que o Concello de Cervo tamén fai a súa achega a esta festa, coa concesión dunha axuda de 3.000 euros á Asociación Amigos da Maruxaina, e colabora achegando persoal e os moitos servizos que son necesarios para esta celebración. “La Diputación es la única que demuestra un nulo compromiso con la fiesta” engade a responsable de Turismo.
Do mesmo xeito, a edil lembra que hai uns meses o grupo socialista “intentó confundir a los vecinos, diciendo que la Maruxaina se quedaría sin ayuda del Gobierno autonómico”. Unha afirmación “que no tiene ningún sentido cuando la subvención de la Xunta era de concurrencia no competitiva, lo que significa que con toda seguridad Cervo iba a obtener la ayuda”.
Naqueles momentos, o Concello enviara un reto á veciña de San Cibrao e vicepresidenta da Deputación, tal e como recorda Alonso: “Le propusimos que consiguiese que la Diputación aportase, como mínimo, la misma cantidad que destina la Xunta a las fiestas de interés turístico gallego de Cervo”. A día de hoxe, lamenta Alonso, “no tenemos noticias de que el Gobierno Provincial tenga ninguna intención de darnos un solo euro para la Maruxaina”.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



