Lugo, 22 de xaneiro de 2014.- A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, recibiu nas dependencias da Delegación Territorial ao novo director de Unión Fenosa distribución en Galicia, Juan José Picón. A delegada territorial serviu como toma de contacto e benvida a Picón no se novo cometido como responsable da empresa enerxética na comunidade galega.
Na xuntanza mantida, Arias e Picón analizaron a situación actual do subministro eléctrico na provincia e coincidiron en sinalar a necesidade de continuar coas vías de colaboración entre administración e empresa de cara a conseguir medidas que redunden na mellora do servizos aos usuarios.
A delegada territorial da Xunta amén fixo un chamamento ao novo responsable de Unión Fenosa distribución na comunidade autónoma para o aumento dos investimentos desta entidade na provincia.
Neste sentido, durante a xuntanza abordáronse, entre outros temas, a liña eléctrica Cervantes-Navia, así como actuacións nalgúns puntos dos municipios de Sarria e Palas de Rei, entre outros varios.
Na xuntanza, a delegada territorial estivo acompañada do xefe territorial de Economía e Industria, José Manuel Vázquez Leirado, e tamén participou o delegado da compañía eléctrica na zona sur de Lugo e en Ourense, Rubén Menéndez.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



