O Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña celebran unha asemblea xeral o xoves 23 ás 19:30 horas no CENIMA de Foz. A xuntanza debatirá tres puntos fundamentais: valoración das actividades desenvolvidas dende a creación do colectivo, tracexar liñas de actuación para os seguintes meses, e fortalecemento da xunta xestora con novas incorporacións.
Asemblea xeral do CERM