Santiago, 24 de xaneiro de 2014.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, quixo valorar moi positivamente o feito de que A Mariña lucense sexa protagonista destacada do novo impulso que o Goberno galego quere dar ao sector eólico.
Neste senso lembrou que este xoves o Consello da Xunta, tal e como explicaba o Presidente Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior, autorizada os tres primeiros parques asociados ao concurso eólico, e dous deles estarán situados na Mariña lucense:
MONDIGO E FARO
O maior será é parque eólico Mondigo, con quince aeroxeradores que estarán emprazados fundamentalmente en Trabada, e outra parte nos municipios de Barreiros e Ribadeo. O outro autorizado na Mariña é o parque eólico Faro, no Vicedo
“Falamos de dous parques que só nesta comarca poderían dar servizo a uns 40.000 fogares, segundo as primeiras estimacións” –dixo Balseiro.
A Xunta puxo en marcha novos apoios normativos e económicos tras constatar que a pesar da caída das primas hai un renovado interese nas empresas por desenvolver proxectos pendentes.
Con todo, o aspecto máis salientable para o deputado popular son os beneficios que traerán estes novos emprazamentos e, nesa liña Balseiro lembrou que “a construción destes parques reportará importantes ingresos para os concellos e beneficios para os seus veciños grazas ao canon eólico que anualmente se recadará”.
Balseiro amosou o seu total apoio aos plans do Goberno galego e lembrou que a enerxía, “e moi especialmente, a enerxía eólica debe recuperarse como un motor que ten unha relación directa coa riqueza en Galicia, cunha aposta de maior respecto ambiental e co emprego”.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



