Lugo, 29 de xaneiro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, salientou que a comarca da Mariña lucense volve a ser beneficiada polas axudas da Xunta aos Grupos de Acción Costeira. En concreto, hoxe coñecemos que os proxectos presentados, entre outros, polas confrarías de Burela e Celeiro recibirán un total de 24.640 euros tras resultar seleccionados e gratificados na segunda convocatoria do ano que vén de rematar.
ESCOLARES MARIÑEIROS POR UN DÍA
Balseiro explicou que a Confraría de Pescadores de Celeiro disporá dunha axuda por importe de 10.290 euros para impulsar a segunda fase do proxecto Mariñeiros por un día que consiste nunha serie de actividades deseñadas para achegar os escolares da provincia de Lugo ao mundo do mar e da pesca, a través de visitas guiadas que lles permitan coñecer e experimentar en primeira persoa, como viven e realizan distintos traballos nun porto da Mariña Lucense.
Segundo o programa previsto no seu momento os escolares participantes visitarán a lonxa pesqueira local, heliporto, Centro de Formación Pesquera Vicente Gradaille, participarán no “Taller do Pescador” que ten lugar na Confradía de Pescadores de Celeiro e finalizará cun xantar-degustación de produtos do mar nun restaurante da zona.
PRODUCIÓN AUDIOVISUAL
Pola súa parte a Confraría de Pescadores de Burela recibe dúas axudas, a primeira -por importe de 6.090 euros- para a elaboración e distribución dun vídeo-recetario coa selección de doce produtos do Mar, onde se destacará a ampla variedade da pesca artesanal local e sobre todo, a calidade do peixe fresco e as súas posibilidades gastronómicas, así como os aspectos saudables deste peixe nunha dieta equilibrada.
Finalmente tamén a Confraría de Burela recibe 8.260 euros para dotar o seu Arquivo Histórico de material escrito e audiovisual e recuperar acontecementos marítimos relevantes locais. Así xorde este proxecto, que se basea na realización en formato vídeo dun documental sobre un feito moi importante para a flota bonitera de Burela: o desenlace da Guerra do Bonito no verán de 1994.
O GAC da Mariña e Ortegal tamén recibe outros apoios como os 7.630 euros para a mellora das condicións de traballo das mariscadoras de Espasante e 26.785,37 euros para a asociación prominusválidos de Ortegal, de cara a impulsar un curso de formación para a recuperación e reparación de envases plásticos da industria pesqueira, entre outros.
DINAMIZAR A ZONA COSTEIRA
En Galicia a Consellería do Medio Rural e do Mar é o ente xestor dos fondos europeos de pesca e como tal apoia economicamente aos proxectos seleccionados polos Grupos de Acción Costeira. Con estas axudas o Goberno pretende potenciar as fortalezas das nosas zonas costeiras e entidades do ámbito do mar e da pesca, na confianza de que o litoral galego constitúe unha zona con alto potencial económico, ambiental e turístico. De feito, Balseiro salienta que un dos piares da política da Xunta céntrase en promocionar, fomentar e poñer en valor os recursos relacionados coa pesca e co turismo.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



