Foi a primeira que se celebrou en Foz. Pouco había que Pepe Beltrán accedera á alcaldía e xestionou co concello de Ribadeo que, unha vez cumplido co cometido na vila veciña, as SS.MM. se desplazaran a Foz a levar a focegos/gas, as ledicias da Noite de Ilusión que o era especialmente, pois nunca antes tiveran a ocasión de velos tan de preto xa que en Foz non tiñamos os medios:para a caracterización dos +ersonaxes: eran tempos miserentos! É fácil percatarse do éxito da novidade: cómo a grande maioría da poboación (metade da de hoxe) saíu á rúa; cómo o parque automovilístico (pouco mais de media ducia de unidades) facían soar as bucinas que ameazaba cun enxordecedor estarabouzo que, no fondo, soaba a música celestial…O desfile partira do vello garaxe de Transportes Galaicos, onde dende media tarde agardaban os cabalos de Culata, O Fero de Mañente e Antón María de Simón que se estreaban como cabalgaduras de tan egrexios xinetes. O percorrido rematara no bar Nautico,, no porto, na compaña de elenco musical de tanta calidade como a nomeada Rondalla O Pallarego, de Monsoñedo, na que tocaba o violín, o focego Chicho de Botes, á sazón empleado na sucursal mindoniense do Banco da Coruña, da que era alma mater, mestre e promotor, o barbeiro-músico ou músico-barbeiro, Manuel Ledo Bermudez que na vella cidade rexentaba a súa oficina (oficina: lugar onde se exerce o oficio), ágora na que a cotío se xuntaban escritores, poetas, historiadores, músicos: Alvaro Cunqueiro, Lence Santar, Noriega Varela, Leiras Pulpeiro, Trapero Pardo, Manolo Araújo, etc. Guitarras, laúdes, bandurrias e violíns inundaron as rúas con ledas e románticas melodías que soaron na que foi a mais ilusionante Noite de Reis da historia local e que deixaron na mente e no corazón de nenos e nenas a pegada do que foi preámbulo a un doce soñar, que precedía á fantástica entrada trunfal no ilusorio mundo do Paraíso… Eran as vivencias da primeira Cabalgata de Reis vivida polo pobo de Foz. Hai deso 55anos…
Suso Fernández
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



