Este mércores entregáronse na cafetería Happy Day, de Foz, os premios do Campañazo do pasado venres, 17 de xaneiro. A gañadora do bingo foi María Subeira Toribio, que obtivo 300 euros en vales de compra para gastar no comercio focense ao longo das vindeiras semanas. María fíxose co cartón co que participou no Campañazo en Viajes Rodríguez e seguiu o sorteo na cafetería Happy Day. Tamén recibiron o seu premio, de 50 euros en vales de compra, o resto dos cartóns premiados. Mañá, venres, a partires das once da noite ACIA Foz porá en xogo outros 600 euros no seu tradicional Campañazo de xaneiro.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



