Lugo, 21 de xaneiro de 2013.- A portavoz do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia insistiu en reclamar a Besteiro “que de á cara e explique en primeira persoa, e sen máis demora, o pago con diñeiro público das comidas a UXT”. A deputada provincial popular fixo estas declaracións tras coñecerse que o tamén secretario xeral dos socialistas galegos quere retrasar a súa obriga de dar conta deste “grave asunto” ata o vindeiro pleno da Deputación previsto para o día 28.
DEBE UNHA EXPLICACIÓN AOS LUCENSES
“Besteiro debe explicarse non porque o reclame o PP senón porque ten que facelo ante os cidadáns de Lugo, xa que son os seus cartos, cos que se pagaron estas comidas”-dixo Candia.
A portavoz popular lembra que a Deputación autorizou, por Decreto o abono de dúas facturas por importe de máis de 7.000 euros para facer fronte ao gasto en comidas de 288 sindicalistas de UXT, en coincidencia coa celebración de dous congresos deste sindicato socialista.
¿TRATO DE FAVOR A UXT?
Candia tamén lamentou que “nun claro exemplo de falta de sensibilidade e de abstracción dos tempos que corren” desde o bipartito provincial “defendan como normal” o pago destas facturas e pregúntase se o presidente da Deputación lucense dispensa un trato a favor da UXT ou teñen previsto aplicar este mesmo criterio ao outros sindicatos ou entidades que así o soliciten.
CORTIXO PARTICULAR
Os populares na Deputación de Lugo piden que Besteiro non siga a poñerse de perfil ante a necesaria rendición de contas que debe facer ante os lucenses e di que tanto o PSOE como o seu socio de goberno, o BNG, teñen dado mostras máis que evidentes de que confunden a Deputación co seu cortixo particular e esquecen, que están xestionando o diñeiro público de todos os lucenses.

















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



