Carlos G. Reigosa, o autor de Crime en Compostela (Premio Xerais), Os homes de Tras da Corda, Pepa a Loba ou Intramundi, participará nun encontro co alumnado do Instituto Perdouro. O escritor será protagonista dun encontro cultural “Modelo Burela”. O evento celebrarase entre as 11:30 e as 13:10 horas do día 7 de febreiro, na biblioteca do Instituto Perdouro e nel participará alumnado de ESO e Bacharelato.
Carlos G. Reigosa Sende repasará cos lectores e lectoras a súa traxectoria literaria, centrándose especialmente Intramundi, obra centrada na transformación socioeconómica das terras comprendidas entre Mondoñedo, Meira e Abadín.
Ao rematar o encontro o alumnado aproveitará a ocasión para pedirlle ao autor convidado a dedicatoria dos seus exemplares.
Aproveitando a viaxe de Carlos Reigosa á Mariña, o Instituto Perdouro programou unhas xornadas de Animación á Lectura centradas na obra do escritor da Pastoriza. Os encontros coas persoas adultas interesadas celebraranse na Biblioteca do centro os mércores 29 de xaneiro e 5 de febreiro, ás 20: 00 horas.
A experiencia “Modelo Burela” de contacto directo entre escritores e escritoras coa audiencia das súas obras leva en vigor varios cursos académicos baixo a organización da área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Nela xa participaron os escritores galegos Xosé Neira Vilas, Séchu Sende e Ramón Blanco; así como o madrileño Matías Escalera. Ademais do fomento da lectura e da escrita literaria, con estes encontros tamén se pretendese posta en valor da interculturalidade.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



