O pasado sábado, día 18 de xaneiro, previamente á celebración da Gala Benéfica organizada por Cáritas, a Biblioteca Municipal de Alfoz fixo entrega dos Premios de Poesías e Postais de Nadal. Foron doce estupendos premios, seis para os poemas e outros seis para as postais. Os rapaces realizaron estupendos traballos, que foron presentados durante a cerimonia de entrega de premios. O acto estivo presidido polo Alcalde de Alfoz, Emilio Lousas. Todos os anos a Biblioteca de Alfoz, que dirixe Ofelia Adrio, organiza estes premios.























Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



