A asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” ven de celebrar a súa asemblea xeral anual a tarde do sábado, 25 de xaneiro, no seu Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.
Nesta reunión, tras dar conta a secretaria da asociación do estado de ingresos e gastos do ano 2013, as socias aprobaron por unanimidade as contas do exercicio 2013 así como o seu Programa de Actuacións e Investimentos a desenvolver ao longo deste ano 2014.
O Programa de Actividades da asociación Fraga das Saímas para o 2014, cuxo orzamento ascende a 25.420 euros, desenvolverase dentro de cinco liñas de traballo principais:
– Área de Formación/información, destacando dentro desta área a organización da 2ª edición das Xornadas Micolóxicas nos Montes do Buio e do Curso de Informática e Internet.
– Actividades Socio-culturais de integración, dentro das cales se aprobaron, entre outras, a exposición itinerante ImaxesRAPAcandaoso2013, como parte da campaña de sensibilización do Medio Natural e aposta polo Rural galego e o turismo de natureza. Así como a posta en marcha do Programa SPAbílate Muller, a través do cal as socias e convidadas da asociación poderán participar durante dous meses nun circuíto termal no Thalasso Cantábrico.
– Actuacións para preservar o noso patrimonio Material e Inmaterial. Nesta área de traballo continuarase a desenvolver o proxecto Raíces Vivas e porase en marcha a montaxe da infraestrutura que acollerá unha Mostra do Patrimonio Etnográfico da zona.
– Actividades Lúdico-culturais (Cultura e divertimento). Dentro deste área, entre outras moitas actuacións, aprobouse a organización dunha Maratón de xogos de Mesa (programa NÓSxogamos) e a participación no programa LUAR da TVG, onde as sócias, amigas e veciños de Viveiro poderán asistir como público o 28 de febreiro ao famoso programa da TVG.
– Área de fomento do coñecemento do patrimonio natural, histórico e artístico de Galicia-Cantabria. Dentro desta área de traballo Fraga das Saímas organizará unha viaxe de fin de semana a Cantabria o 7 e 8 de xuño e desenvolverá o programa Turisteando por terras lucenses (de Samos á Cidade das Murallas, Patrimonio da Humanidade) no mes de setembro.
Unha vez rematada a asemblea as asistentes participaron nunha nova modalidade de xogo de mesa impulsado pola Directiva, onde non se coñecerá a gañadora antes de rematar o mes de febreiro.
*Foto de arquivo: Asemblea 2011.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



